II carreira e a III andaina pola Igualdade - Concello de O Pino
sáb, 27 nov
|La Coruña
As inscricións faranse ata o 25 de novembro, ás 14.00 horas, na web de Carreiras Galegas


Horario e localización
27 nov 2021, 16:25
La Coruña, El Pino, 15821, La Coruña, España
Sobre o evento
Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de O Pino organiza o sábado 27 de novembro a terceira edición da andaina, e a segunda edición da carreira 5 km pola igualdade como parte da súa programación conmemorativa. A actividade estará precedida pola lectura dun manifesto en prol da igualdade. As inscricións faranse ata o 25 de novembro, ás 14.00 horas, na web de Carreiras Galegas (neste enlace). O regulamento pódese consultar no mesmo enlace
As dúas probas teñen o seu punto de saída e meta na área recreativa da Madalena (Castrofeito) a partir das 16:25 horas. Estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Tanto na andaina (que non ten carácter competitivo) como na carreira poderán participar persoas maiores de 10 anos (nados en 2011 ou anteriores), aínda que os menores de 12 anos deberán ir acompañados obrigatoriamente dun…