

Horario e localización
24 ago 2024, 18:00 – 22:00
Rodeiro, Rúa A, 47, 36537 Rodeiro, Pontevedra, España
Sobre o evento
A Concellería de Deportes de Rodeiro, dirixida por Alberte Lamazares, organiza o vindeiro 24 de agosto, no campo de fútbol de a Raña a I Gala do Deporte. "Nesta primeira edición deste evento pretendemos poñer en valor o deporte e os valores que este representa a través de diferentes recoñecementos. Para vindeiras edicións, ao apartado de recoñecementos, sumaremos diferentes actividades deportivas que se centre nos máis cativos promocionando diferentes deportes, xerando encontros deportivos, charlas e outras actividade que irán facendo desta Gala do Deporte un fermoso encontro anual de promoción deportiva", explica.
Para Alberte Lamazares "a dinamización deportiva, máis alá da mellora do estado físico de quen o practica, tamén fortalece o esta mental, as relacións sociais, o compromiso, a disciplina, etc" polo que, para esta tenencia de Alcaldía é imprescindible a súa posta en valor e inversión continua.
Así mesmo, Lamazares salienta que "dende a asunción desta responsabilidade executáronse…