GALA SOLIDARIA EN VILA DE CRUCES
sáb, 08 nov
|Vila de Cruces


Horario e localización
08 nov 2025, 19:30 – 23:30
Vila de Cruces, Castelao, s/n - Vila de Cruces (Pontevedra), 36590 Vila de Cruces, Pontevedra, España
Sobre o evento
O Concello de Vila de Cruces colabora con ilusión na Gala Solidaria organizada pola ANPA Nosa Señora da Piedade, unha cita chea de música, emoción e solidariedade a favor da Fundación Martín Álvarez Muelas. Todo o recadado destinarase integramente á investigación do cancro infantil tipo DIPG, apoiando a loita e a esperanza de moitos nenos e nenas. Cabe mencionar que a pasada semana, Lara de cinco anos e veciña deste municipio, perdía a vida a causa desta doenza.
A gala será o sábado, 8 de novembro, no auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces, ás 19:30 horas. A cita contará con actuacións musicais e diversos espectáculos, preparados con moito cariño para facer desta noite un encontro inesquecible, cheo de solidariedade e esperanza.
