top of page

Función Teatral: O Pozo das señoras - Concello de Touro

mié, 10 mar

|

A Coruña

Touro acollerá o día 10 un espectáculo para conmemorar o Día Internacional da Muller

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
Función Teatral: O Pozo das señoras - Concello de Touro
Función Teatral: O Pozo das señoras - Concello de Touro

Horario e localización

10 mar 2021, 17:00 – 17:50

A Coruña, Rúa de Castelao, 40, 15822, A Coruña, España

Sobre o evento

A Casa da Cultura de Touro acollerá, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, O Pozo das señoras. A cita será o vindeiro mércores, 10 de marzo, ás 17:00 horas. Está dirixido ao público familiar e ten unha duración de 50 minutos.

O pozo das señoras, tal e como indico o Concello de Touro, é un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. O elenco compóñeno Vero Rilo e Sonsoles Penadique, que ademais son as directoras do espectáculo. Cun marcado compoñente de xénero leva rodando desde 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros e fontes de todo o país.

Cabe recalcar que a celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid-19, polo que o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto. Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do coronavirus prégase acudir con anticipación á hora sinalada, ás cinco da tarde, para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.

Ademais, será necesario inscribirse previamente ben a través do teléfono  981 814 566 ou do correo electrónico cultura@concellodetouro.gal

Compartir este evento

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page