FOLIADA DE MELIDE 25 E 26 ABRIL
sáb, 25 abr
|Melide


Horario e localización
25 abr 2026, 11:00 – 26 abr 2026, 23:00
Melide, Melide, Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
Melide celebrará unha nova edición da súa Foliada o 25 e 26 de abril.
Programación
Sábado, 25 de abril
11:00 horas: Apertura da Mostra de Artesanía e Instrumentos, instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana. A mostra reunirá artesáns de diferentes puntos do país en catorce postos dedicados á elaboración de instrumentos tradicionais e á confección de traxes tradicionais.
11:30 horas: Animación de rúa con xigantes e cabezudos, acompañados polo grupo Os Treboeiros de Muimenta, que percorrerá as rúas da vila enchendo de música e ambiente festivo o inicio da xornada.
12:00 horas: 15º Concurso de Cantos de Taberna, un dos momentos máis agardados da Foliada. Os grupos participantes realizarán un percorrido polos bares da zona antiga de Melide interpretando pezas tradicionais.