

Horario e localización
23 ago 2024, 12:00 – 25 ago 2024, 22:20
Boimorto, Boimorto, La Coruña, España
Sobre o evento
A Deputación da Coruña volverá contar cun espazo propio no emblemático Festival da Luz (Boimorto), onde instalará o 'Mercado Deputación da Coruña', no que a entidade provincial promocionará, durante os días 24 e 25 de agosto, os produtos locais de gastronomía e de artesanía, e onde haberá tamén unha zona para showcookings e un escenario propio onde se desenvolverán diferentes actividades lúdicas e culturais para todos os públicos.
Mercado da Deputación da Coruña
O sábado 24 de 11:30 a 00:30 horas e o domingo 25 de 11:30 a 21:30 horas poderase visitar, no Festival da Luz, o 'Mercado' da Deputación, no que participan preto dunha trintena de produtores locais agroalimentarios e de artesanía. Os produtores agroalimentarios son A Conserveira; Bonilla a la vista; Casa da Avoa; Cafés Lúa; Galmesán; O forno de Guísamo; Pandejuevo e Raizame.
Pola súa banda, os artesáns participantes son Rocigarcía; Jorge Eiroa García; O Carabel Ecocestos;…