top of page
Horario e localización
08 sept 2024, 11:30 – 10 sept 2024, 4:00
Ventosa, Ventosa, 36529 Agolada, Pontevedra, España
Sobre o evento
A parroquia agoladesa de Ventosa celebra a súas festas patronais do Faro o 8 e 9 de setembro. Ambos os días haberá pasarrúas ás 11:30 horas e misa solemne ás 12:30 horas.
O primeiro día a sesión vermú (13:45 horas) estará amenizada pola Banda de Música Municipal de Agolada que tamén dará un concerto ás 22 horas. Despois a verbena correrá a cargo da orquestra Os Satélites e polo DJ David Expósito.
O día 9 durante a sesión vermú (13:45 horas) e ás 22 horas actuará a Banda de Música de Vilatuxe. Pola noite, o ritmo poñerao a orquestra Los Player's.
Estes festexos están organizados pola Asociación de Familias A Cudiseira.
bottom of page