FESTAS DE VERÁN E DA EMPANADA DA BANDEIRA (SILLEDA)
mié, 20 ago
|Bandeira


Horario e localización
20 ago 2025, 21:00 – 24 ago 2025, 23:50
Bandeira, Bandeira, 36570 Silleda, Pontevedra, España
Sobre o evento
As Festas de Verán da Bandeira, coa empanada, como protagonista, voltan á vila silledense do 20 ao 24 de agosto próximos. A presentación da festa gastronómica, que estrea declaración de Interese Turístico Nacional e que dende hai case 5 décadas xunta preto de 10.000 persoas en torno a un dos pratos máis afamados da cociña galega, na carballeira da localidade, tivo lugar onte na praza Juan Salgueiro da vila. No acto, déronse a coñecer os carteis dos distintos eventos por parte da Asociación Amigos da Empanada, que preside Manuel Cuíña, e que estivo arroupada por membros da Corporación, encabezada pola alcaldesa,ç Paula Fernández, e representantes da Deputación e da Xunta de Galicia, entre outras entidades colaboradoras e patrocinadoras das festas.
A cita gastronómica recupera o formato tradicional, concentrando o tradicional concurso e a poxa das pezas gañadoras en horario de tarde.
Mércores 20
Os festexos arrancarán xa o mércores día…