FESTAS DA BANDEIRA E DA EMPANADA
jue, 22 ago
|Bandeira


Horario e localización
22 ago 2024, 19:00 – 26 ago 2024, 5:00
Bandeira, Rúa Louras, 10, 36570 Bandeira, Pontevedra, España
Sobre o evento
A Festa da Empanada da Bandeira sorprendeu a todas as persoas asistentes cunha completa programación cultural, musical e gastronómica chea de actividades repartidas en cinco días de celebración, tratando de abarcar tódolos gustos e idades:
O mércores 21 de agosto sumará importantes novidades, como a celebración dunha nova edición do Entroido de Verán, que habitualmente tiña lugar no mes de xullo. Os disfraces encherán as rúas da Bandeira nun inicio das festas que estará complementado coa duodécima edición da Ruta da Empanadilla polos bares da localidade, a cal será amenizada polas agrupacións Os Sin Son Gaiteiros e Charanga Imperiais. Así mesmo, a SD Bandeira congregará ás persoas máis deportistas no seu campionato de brilé e de fútbol-tenis.
O xoves 22 de agosto será a quenda para da rapazada, a cal poderá desfrutar dunha festa da auga e festa da espuma, as cales darán paso a unha Ruta da Empanada na hostalería local a cargo da Charanga…