Festa do Queixo de Arzúa
sáb, 06 mar
|http://www.festadoqueixo.org/
A 46ª edición desta festa gastrónómica volve esta fin de semana.


Horario e localización
06 mar 2021, 11:00 – 07 mar 2021, 18:00
http://www.festadoqueixo.org/
Sobre o evento
O programa desta primeira fin de semana de marzo abrirase o sábado 6 ás 11:00 horas cun pregón compartido, protagonizado e escrito de xeito colaborativo polo alumnado dos centros educativos de Arzúa. "O protagonismo no pregón deste ano quíxose que fose para os escolares, que tan ben o están a facer nestes tempos difíciles, e a toda a comunidade educativa en xeral por todos os esforzos". Por isto, a idea do Concello foi convidar a todos os centros do municipio facendo entre todos o pregón. A mecánica consistirá en que un dos cursos a elixir polo propio centro redacte unha parte do pregón para que sexa continuado polo seguinte. O pregón completo será lido desde a capela da Madanela por un representante de cada centro.
O programa continúa a mañá do sábado co showcooking Desde Arzúa, con amor e queixo, levado a cabo por tres restaurantes e un centro educativo…