

Horario e localización
31 ago 2024, 11:00 – 20:30
Agolada, Calella Maior, 9, 36520 Agolada, Pontevedra, España
Sobre o evento
O colectivo Agolada Viva da Plataforma Ulloa Viva organiza este sábado 31 de agosto nos Pendellos de Agolada a primeira edición da xornada “Ferrados de Vida”. Máis de 70 produtores chegados de toda Galicia e expertos en diversos eidos compartirán cos asistentes a experiencia, sabedoría e o seu bo facer dentro do sector primario e transformador, poñendo en valor a importancia e o potencial que o sector produtor galego ten, fronte a proxectos coma o da macrocelulosa de Altri, que de poñerse en marcha acabaría con toda a produción de alimentos de calidade, tanto da Terra do Medio coma da Ría de Arousa.
A xornada comezará ás 11 horas do sábado 31 de agosto, na Praza da Randulfa, coa apertura oficial por parte do colectivo Agolada Viva, que contará coa presenza do narrador
oral, poeta, horticultor e ornitófilo lalinense Celso Fernández Sanmartín. Será unha xornada multidisciplinar, interactiva, interxeneracional, didáctica e…