top of page

FEIRA DO 13, AS CRUCES, SOBRADO

sáb, 15 ago

|

As Cruces

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
FEIRA DO 13, AS CRUCES, SOBRADO
FEIRA DO 13, AS CRUCES, SOBRADO

Horario e localización

15 ago 2026, 9:30 – 19:30

As Cruces, As Cruces, 15815 Sobrado, La Coruña, España

Sobre o evento

As Cruces, en Sobrado, rememorará o sábado 15 de agosto a súa tradicional Feira do 13, unha cita centenaria que durante décadas

tivo unha importante repercusión e atraía ata este lugar numerosas persoas procedentes de diferentes concellos das provincias de Lugo e A Coruña. Ata As Cruces achegábanse veciños e veciñas de Curtis, Guitiriz, Baamonde, Friol, Aranga, Betanzos, Vilasantar, Arzúa, Melide e, por suposto, Sobrado, unha ampla procedencia que dá conta da relevancia que chegou a acadar a feira.


A feira deixou de celebrarse hai aproximadamente dúas décadas e, nos últimos tempos, esta tradición volveu ao calendario cunha celebración anual que busca manter viva a súa memoria. O Concello de Sobrado e os veciños das Cruces organizan o sábado unha nova edición que comezará sobre as 9:30 horas e se prolongará durante toda a xornada.


A Feira contará con postos nos que se poderán atopar produtos como queixos, embutidos, pan…


Google Maps se bloqueó debido a tus ajustes de Analíticas y de cookies funcionales.

Compartir este evento

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page