FEIRA DE SANTOS MONTERROSO
vie, 01 nov
|Monterroso


Horario e localización
01 nov 2024, 9:00 – 15:00
Monterroso, Monterroso, Lugo, España
Sobre o evento
Monterroso celebra o 1 de novembro unha nova edición da súa tradicional FEIRA DE SANTOS, declarada Festa de Interese Turístico Galego.
A súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto sobre o sal cobrado na contorna da vila. Tradición e autenticidade son dúas calidades que se poden aplicar á feira que por Santos se celebra en Monterroso, na comarca da Ulloa, no centro xeográfico de Galicia e cruzamento de camiños de arrieiros que comunicaban a costa galega con Castela.
Polo menos, este mercado agrícola e gandeiro funciona desde 1450, data da que se teñen probas documentais, aínda que as últimas investigacións apuntan a que a feira pode ter unha antigüidade de 800 anos.
Alén da feira cabalar, Monterroso é o gran mercado dos produtos de tempada: queixos, castañas, mel, produtos cárnicos e doces, ademais de medio centenar de postos de polbo distribuídos por toda a superficie feiral.
O…