mié, 30 jun
|Arzúa
Exposición: Kogumelos - Concello de Arzúa
Arzúa acollerá unha exposición, obra do veciño do municipio Agustín Sánchez Carro. Trátase da mostra do proxecto Kogumelos. A apertura da mostra terá lugar este sábado, día 22, ás 11:00 horas e a inauguración oficial ás 17:00 horas. Tamén se poderá visitar na semana do 24 ao 30.
Horario e localización
30 jun 2021, 20:00
Arzúa, Rúa Cima do Lugar, 2, 15810 Arzúa, A Coruña, España
Sobre o evento
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este sábado, día 22, abrirase unha nova exposición na Capela da Madanela. Trátase da mostra do Proxecto Kogumelos no que o arzuán Agustín Sánchez Carro leva moito tempo traballando. O propio autor presenta ao público, con esta exposición, a súa iniciativa de intervención artística no medio natural, concretamente na contorna do encoro de Portodemouros.
Poderase visitar na Capela da Madanela e descubrir un proxecto personal con varias fotos da parte xa executada do proxecto. A apertura da mostra terá lugar este sábado, día 22, ás 11:00 horas e a inauguración oficial ás 17:00 horas. Tamén se poderá visitar na semana do 24 ao 30.
Segundo manifestou Agustín Sánchez, con este iniciativa pretende “reactivar a zona e as inquietudes artísticas e culturais, así como provocar cambios na forma de ver as cousas e mellorar as relacións persoais”.
A entrada será libre con control de aforo e con debido cumprimento de todas as medidas de hixiene e protección fronte á Covid-19.