

Horario e localización
28 ago 2025, 12:00 – 09 sept 2025, 16:00
Arzúa, Arzúa, La Coruña, España
Sobre o evento
A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA), en colaboración co Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña, trae a exposición itinerante “50 anos coidando da terra”. A mostra inaugúrase este xoves 28 de agosto ás 12:00 h na Praza de Galiza e poderá visitarse até o 9 de setembro.
A través de paneis divulgativos, a exposición repasa medio século de historia do ecoloxismo na Galiza: as principais loitas contra a destrución do territorio, a defensa do patrimonio natural e as alternativas sostíbeis impulsadas pola sociedade.
O acto inaugural contará con intervencións institucionais, da propia asociación e de colectivos da comarca que loitan pola defensa da natureza, ademais dunha visita guiada a cargo de ADEGA explicando cada un dos paneis da mostra.
"Animamos a toda a veciñanza a participar na inauguración e a visitar esta exposición durante os días que permanecerá no noso concello, un espazo de memoria e…