top of page

Espectáculo 'Sentido común' - Concello de Santiso

dom, 14 mar

|

A Coruña

Hai aforo limitado debido á pandemia, o venres 12, remata o prazo para anotarse

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
Espectáculo 'Sentido común' - Concello de Santiso
Espectáculo 'Sentido común' - Concello de Santiso

Horario e localización

14 mar 2021, 19:00

A Coruña, Visantoña, 15808, A Coruña, España

Sobre o evento

O novo centro cultural de Visantoña, no municipio de Santiso, albergará este domingo, día 14, o espectáculo Sentido Común. A cita será ás 19:00 horas e debido á crise sanitaria haberá aforo limitado. Por iso os interesados en asistir deberán reservar previamente a través do teléfono 981 818 501 e o prazo para anotarse remata hoxe, venres.

O espectáculo Sentido Común, de Tarabela Creativa, chega da man de Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde. Estes contadores reúnen as súas historias nun espectáculo de narración oral dirixido ao público adulto. Durante a sesión escoitaranse contos de sentimento de comunidade, de xente común e corrente (que é a que de verdade fai a historia con maiúsculas, tal e como indica a compañía) e tamén contos nos que se aplica ou nos que falta o menos común dos sentidos. Sen dúbida, será unha sesión na que non faltarán as risas, tan necesarias nesta época.

Compartir este evento

bottom of page