ESPECTÁCULO DE SERGIO ALBA EN LALÍN
dom, 19 oct
|Lalín


Horario e localización
19 oct 2025, 19:00 – 20:30
Lalín, Lalín, 36500 Lalín, Pontevedra, España
Sobre o evento
O polifacético artista monterrosino Sergio Alba, presenta en Lalín o espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para a cama" Un show no que o pasado, estará moi presente.
"É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor", sinala Alba. "Lembraremos entre risas, aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor". Unha época, apunta, "na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade", salienta o artista da Ulloa.
Para asistir a este show retro-activo, "soamente precisades…