

Horario e localización
23 feb 2025, 16:00 – 20:00
Arzúa, Rúa, Tr.ª da Feira A, 15810 Arzúa, A Coruña, España
Sobre o evento
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este domingo, día 23, o acto central do Entroido arzuán. Trátase da celebración do concurso de disfraces que abrirá unha programación que terá continuidade con máis actividades na tarde do martes de Entroido. Unha vez pechado o prazo de inscrición, desde a área de cultura consideran un éxito a convocatoria por manter o alto número de participantes dos últimos anos rozando os 300 o que asegura que será un certame atractivo tanto para os concursantes como para o público.
Ao concurso, que se celebrará este domingo ás 17:00h no Multiusos Terra do Queixo, preséntanse un total de 20 candidaturas repartidas nas diferentes categorías aspirantes a facerse con algún dos premios que ascenden a 2.120 euros. Participarán na gala disfraces e colectivos locais, da comarca e chegados de lugares como Porto do Son, Ordes, Santiago, Teo, Narón ou Vilagarcía de Arousa.