DOMINGOS DE TEATRO EN MARZO EN MELIDE
dom, 08 mar
|CENTRO SOCIOCULTURAL MINGOS DE PITA


Horario e localización
08 mar 2026, 19:00 – 29 mar 2026, 21:00
CENTRO SOCIOCULTURAL MINGOS DE PITA, Praza Universidades de Santiago de C.e de Lodz, 15800 Melide, A Coruña, España
Sobre o evento
Melide volverá converterse en punto de encontro para os amantes das artes escénicas co ciclo “Domingos de Teatro 2026”, unha programación de teatro profesional dirixida a público adulto que se desenvolverá ao longo do mes de marzo no Centro Sociocultural Mingos de Pita, sempre ás 19:00 horas.
A proposta inclúe catro montaxes de compañías galegas que achegan diferentes estilos e temáticas, desde o drama contemporáneo ata a comedia de corte social.
A programación abrirase o domingo 8 de marzo coa obra María Visitación, Consolación, Amadora, da compañía Loia Produccións.A seguinte cita será o 15 de marzo con Go Home, de Etiqueta Negra, unha peza protagonizada por David Amor e Josito Porto, con dramaturxia de José Prieto e dirección de Tito Asorey.
O 22 de marzo subirase ao escenario Alta Costura, da compañía Elefante Elegante, unha proposta que mestura teatro físico e narración contemporánea. O ciclo pecharase o 29 de marzo con O Proceso, de…