top of page

jue, 11 mar

|

Lalín

Doazón de sangue en Lalín

A unidade móbil desprazarase o xoves 11 e venres 12 a localidade de Lalín

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
Doazón de sangue en Lalín
Doazón de sangue en Lalín

Horario e localización

11 mar 2021, 10:00 – 12 mar 2021, 21:00

Lalín, Praza da Igrexa, 36500 Lalín, Pontevedra, España

Sobre o evento

As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semana, dentro das catro comarcas, na localidade de Lalín.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio lalinense esta semana. A cita será mañá, xoves día 11, e tamén pasado, venres. Situarase como de costume na Praza da Igrexa en horario os dous días de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. Por iso para maior seguridade e comodidade é mellor pedir cita no 900 100 828.

E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.

Compartir este evento

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page