Doazón de sangue en Boimorto
lun, 19 abr
|Boimorto
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visitará este luns, día 19, o municipio de Boimorto.
Horario e localización
19 abr 2021, 21:00
Boimorto, Rúa Gándara, s/n, 15817 Boimorto, A Coruña, España
Sobre o evento
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visitará este luns, día 19, o municipio de Boimorto. Situarase diante do centro de saúde en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. A cita pode perdirse a través do teléfono gratuíto 900 100 898.
E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.