Doazón de sangue en Arzúa
jue, 11 mar
|Arzúa
A unidade móbil desprazarase o xoves 11 a localidade de Arzúa
Horario e localización
11 mar 2021, 16:00 – 21:00
Arzúa, Rúa, Travesía da Feira A, 15810 Arzúa, A Coruña, España
Sobre o evento
As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semana, dentro das catro comarcas, na localidade de Arzúa.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar mañá xoves 11 o municipio arzúan que se situará no Recinto Feiral Terra do Queixo, na entrada traseira. Neste caso, o horario será de 16:00 a 21:00 horas.
Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. Por iso para maior seguridade e comodidade é mellor pedir cita no 900 100 828.
E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.