

Horario e localización
23 feb 2025, 9:00 – 24 feb 2025, 13:00
Melide, Melide, Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
A Concellería de Cultura do Concello de Melide conmemora este ano o 23 de febreiro, Día de Rosalía, con senllas actividades que traerán á vida os versos da poetisa nacional galega. O propio día 23, domingo, a vila acollerá un Café Poético que encherá as rúas coas palabras rosalianas. Ao día seguinte, a compañía Tarabelos representará “Contos nunha roda. Rosalía” para o alumnado escolar.
O Café Poético con Rosalía de Castro é unha actividade que leva a cabo a concellería de Cultura xunto co servizo de Normalización Lingüística municipal. Distribuirase un total de 3.000 cartóns con poemas da autora polos restaurantes, bares e cafeterías da vila durante a hora do café, que deste modo pode acompañarse cun anaco da nosa cultura.
O luns 24, a compañía Tarabelos representará a súa función de “Contos nunha roda. Rosalía” en sesión dobre, ás 10 horas e ás 11:30 horas, na Biblioteca Municipal Xosé…