Día das Letras Galegas: música, poesía e humor - Concello de Arzúa
lun, 17 may
|Arzúa
Arzúa conmemora o Día das Letras Galegas con música, poesía e humor. A proposta forma parte da programación cultural Primavera de Cultura do mes de maio


Horario e localización
17 may 2021, 18:00
Arzúa, Rúa, Travesía da Feira A, 15810 Arzúa, A Coruña, España
Sobre o evento
Hoxe 17 de maio, o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ten previsto conmemorar o Día das Letras Galegas, acto central da programación titulada Primavera de Cultura correspondente ao mes de maio. A proposta do departamento que dirixe a concelleira Aurora Varela para esta data tan sinalada será o espectáculo Epístola ás neofalantes, da compañía Aldaolado; celebrarase ás 18:00 horas no Multiusos Terra do Queixo debido á previsión meteorolóxica. Trátase dunha proposta para maiores de 16 anos onde a poesía, a música e sobre todo o humor están orientados a reafirmar a nosa lingua como unha lingua moderna, síntoma de coñecemento e cultura e, sobre todo, con moitas primaveras por diante por obra e graza das persoas neofalantes. Esta actuación será tamén retransmitida en directo a través da páxina de Facebook do Departamento de Cultura.
O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas…