top of page

jue, 02 dic

|

Mellid

Curso para pemes: Camiño da Innovación (Melide)

O seu obxectivo é prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar (de 9:00 a 18:00 horas)

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
Curso para pemes: Camiño da Innovación (Melide)
Curso para pemes: Camiño da Innovación (Melide)

Horario e localización

02 dic 2021, 9:00

Mellid, Mellid, La Coruña, España

Sobre o evento

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), pon en marcha a iniciativa Camiño da Innovación, un espazo itinerante que percorrerá 18 concellos das catro provincias galegas, entre estes Melide, durante os meses de novembro e decembro -en horario continuo de 9 a 18 horas-, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

Con estes asesoramentos, axudaraselle a cada empresa a elaborar unha folla de ruta que lle permita poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles. As empresas interesadas en solicitar asesoramento poden facelo a través da web da Axencia, no apartado Camiño da Innovación.

Poranse a disposición do público tamén materiais explicando as ferramentas e técnicas de innovación, que se irán incrementando con novos contidos durante 2022, e un curso en liña sobre aspectos básicos da innovación.

Compartir este evento

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page