CORAZÓN DA ARTESANÍA EN AGOLADA
vie, 04 jul
|Agolada


Horario e localización
04 jul 2025, 11:00 – 06 jul 2025, 21:30
Agolada, Calella Maior, 9, 36520 Agolada, Pontevedra, España
Sobre o evento
A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, promoverá unha nova edición do Corazón da Artesanía. XII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra) co obxectivo de consolidar esta cita como un dos principais referentes na promoción da artesanía na Península Ibérica.
Na edición deste ano está previsto que participen un total de 56 artesáns de 26 oficios diferentes, entre os que se atopan 41 expositores de produtos de Artesanía de Galicia —aos que se lles suma Álvaro Pin, máis coñecido coma o Florencio dos Barreiros, que está facendo unha demostración de zocas—, 14 docentes dos diferentes cursos especializados e obradoiros abertos e 33 empresas de produtos gourmet, 24 das cales contan co selo de Artesanía Alimentaria.
Recoñecido co premio Promociona para entidades públicas nos Premios Nacionais de Artesanía…