top of page

Concurso: 'A Voz da Comarca' - Concello de Sobrado dos Monxes

sáb, 29 may

|

Sobrado

Sobrado dos Monxes albergará o 29 de maio a primeira edición do concurso 'A Voz da Comarca'. Está organizado pola exrecanteira de Luar Fátima Lea en colaboración co Concello e esta dirixido a nenos e mozos de Sobrado, Vilasantar, Curtis, Boimorto, Arzúa, Toques e Melide

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
Concurso: 'A Voz da Comarca' - Concello de Sobrado dos Monxes
Concurso: 'A Voz da Comarca' - Concello de Sobrado dos Monxes

Horario e localización

29 may 2021, 16:30

Sobrado, 15813 Sobrado, La Coruña, España

Sobre o evento

O vindeiro 29 de maio o polideportivo de Sobrado dos Monxes acollerá a primeira edición do concurso A Voz da Comarca, unha iniciativa que busca fomentar as expresións artísticas e introducir á xuventude no mundo da música. A cantante e exrecanteira do programa Luar da Televisión de Galicia Fátima Lea é a organizadora deste certame, que conta co apoio  do Concello. A cita arrancará ás 16:30 horas.

Este evento está dirixido aos rapaces e mocidade de entre 3 e 16 anos que estean empadroados nos concellos de Sobrado, Vilasantar, Curtis, Boimorto, Arzúa, Toques e Melide.

Os interesados en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico concursovoz2021@hotmail.com ou mediante o teléfono 610 691 610 dentro do prazo marcado. E tamén para ir de público débese reservar nese número. Ademais, a este mesmo correo os participantes enviarán dúas cancións en versión instrumental, é dicir, só coa música que queiran interpretar.

As pistas instrumentais enviadas teñen que ter un bo audio, que se escoiten ben. E poderá cantarse en calquera idioma e en calquera estilo musical. Os inscritos pasarán por dúas fases, actuando o mesmo día. Haberá grandes premios, tal e como indican desde a organización.

Compartir este evento

bottom of page