Concerto de Leirabuxo - Toques
sáb, 15 may
|Toques
Toques será escenario este sábado, día 15, dun concerto de Leirabuxo. Será na aula da natureza e o aforo é limitado polo que é necesario anotarse previamente


Horario e localización
15 may 2021, 20:00
Toques, 15806 Toques, La Coruña, España
Sobre o evento
Este sábado 15 de maio ás 20:00 horas terá lugar o concerto de Leirabuxo na aula da natureza de Toques enmarcado no VI Lingua Folk, en homenaxe a Xela Arias e a Ricardo Carvalho Calero. É necesario reservar praza para asistir debido á situación sociosanitaria, xa que o aforo é moi limitado.
Os interesados deben anotarse previamente a través do teléfono do Concello 981 505 826, do correo marina.corral@toques.es ou se o prefiren no Consistorio.
O Concello informa que ao longo do día, retransmitirá diferentes actuacións e reportaxes, así como o concerto en directo a través de streaming, cuxo enlace facilitará en breve.
Seguirase o protocolo de seguridade para loitar contra a Covid-19 e o público terá que estar sentado.