CHARLA SOBRE PARKINSON NO PINO
mié, 23 abr
|El Pino


Horario e localización
23 abr 2025, 16:30 – 18:30
El Pino, El Pino, 15823 El Pino, La Coruña, España
Sobre o evento
O vindeiro 23 de abril celebrarase no centro sociocultural Luis Seoane, en Arca, unha charla informativa sobre a enfermidade de Parkinson, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Parkinson, ELA e outras (ACEM), coa colaboración do Concello do Pino.
A sesión, que comezará ás 16:30 horas, correrá a cargo de Beatriz Cabo, traballadora social, e Katiana Sánchez, fisioterapeuta, ambas as dúas profesionais do eido sociosanitario. Durante a charla abordarase información xeral sobre o Parkinson, as súas características e evolución, así como os coidados necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.
Esta iniciativa encádrase dentro do programa Parkinson Rural, promovido por Ibercaja, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con Parkinson no medio rural a través de accións de información, formación e tratamentos rehabilitadores. En España, máis de 160.000 persoas padecen esta enfermidade, das cales ao redor do 30 % residen en municipios de…