CHARLA SOBRE A ECLIPSE EN MELIDE
vie, 26 jun
|Melide


Horario e localización
26 jun 2026, 18:30 – 21:30
Melide, Melide, Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
O Concello de Melide impulsa unha campaña divulgativa sobre a eclipse total de sol que poderá observarse o próximo 12 de agosto, co obxectivo de explicar as características deste fenómeno e trasladar á cidadanía as recomendacións necesarias para a súa observación segura.
Entre estas iniciativas figura a celebración, o venres 26 de xuño, dunha charla e dun obradoiro centrados neste acontecemento astronómico. A charla terá lugar ás 18:30 horas na sala de conferencias da primeira planta do Multiusos, mentres que o obradoiro se desenvolverá na sala do Viveiro de Empresas, ás 19:30 horas (á entrada do edificio). O obradoiro contará con 20 prazas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico comercio@concellodemelide.gal ou nas oficinas do Concello de Melide.
Durante o obradoiro abordaranse cuestións relacionadas cos consellos de seguridade e alerta para evitar danos na vista, a elaboración de materiais caseiros de observación segura e as…