CHARLA SOBRE A DEPRESIÓN EN SILLEDA
jue, 22 ene
|Silleda


Horario e localización
22 ene 2026, 18:00 – 19:30
Silleda, Rua Progreso, 41, 36540 Silleda, Pontevedra, España
Sobre o evento
O Concello de Silleda continúa coa súa programación no marco do Plan Municipal de Saúde Mental e organiza para o vindeiro xoves 22 de xaneiro unha sesión informativa sobre a depresión, dirixida a toda a veciñanza, que terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello (segundo andar) ás 18:00 horas. A actividade coincide co Día Mundial contra a Depresión, que se conmemora o pasado martes 13 de xaneiro, unha xornada destinada a visibilizar un trastorno de saúde mental que afecta a millóns de persoas en todo o mundo e que, en moitos casos, continúa rodeado de estigmas e incomprensión. A depresión vai moito máis alá da tristeza puntual, podendo provocar un impacto significativo na vida persoal, familiar, social e laboral das persoas que a padecen, polo que resulta fundamental favorecer a información, a prevención e o acceso ao apoio axeitado.
Baixo o lema “Depresión, máis alá da tristeza:…