jue, 06 may
|Golada
Charla informativa: Novas tarifas eléctricas - Concello de Agolada
Será impartida por Hidroeléctrica Lumymey. A cita será o 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares.
Horario e localización
06 may 2021, 20:00
Golada, 36520 Golada, Pontevedra, España
Sobre o evento
O Concello de Agolada organiza unha charla informativa para que os veciños coñezan de primeira man todo sobre as novas tarifas eléctricas. A cita será o 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares.
Será a empresa Hidroeléctrica Lumymey a encargada de dar esta charla. Esta firma leva máis dun século comercializando electricidade e producindo enerxía verde.
Os cambios nas tarifas de luz no 2021 serán importantes debido a que se realizarán durante este ano os previstos para 2020 que non se puideron levar a cabo pola irrupción do coronavirus. Concretamente, entrarán en vigor en xuño.
Na charla cumpriranse todas as medidas de seguridade establecidas para frear a pandemia da Covid-19.