CHARLA EN ARZÚA DIRIXIDA ÁS FAMILIAS
jue, 12 feb
|Arzúa


Horario e localización
12 feb 2026, 19:00 – 22:00
Arzúa, Arzúa, La Coruña, España
Sobre o evento
O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Xuventude, organiza unha charla informativa dirixida a nais, pais e persoas titoras coa que se pretende poñer enriba da mesa preocupacións que están presentes no día a día das familias en relación coa saída nocturna dos seus fillos e fillas.
A sesión celebrarase o xoves 12 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa de Correos, e contará coa participación de Martín Camba, da Policía Local de Santiago de Compostela, cunha ampla traxectoria profesional, con 23 anos de experiencia no corpo, 16 deles na quenda nocturna, o que lle permite achegar unha visión directa e realista das situacións que se dan no lecer nocturno e na realidade cotiá da mocidade.
A actividade desenvólvese en colaboración coa Policía Local e trátase dunha iniciativa que xa foi desenvolvida en 28 concellos da provincia da Coruña, con boa acollida por parte das familias participantes.
A charla está…