Celebración do día das Letras Galegas - Concello de Agolada
lun, 17 may
|Golada
A actividade para os nenos, dirixida aos cativos de 5 a 12 anos, será o día 14 e é necesario anotarse. O pasacalles a cargo de Bico da Balouta terá lugar o 17


Horario e localización
17 may 2021, 14:30
Golada, 36520 Golada, Pontevedra, España
Sobre o evento
O Concello de Agolada dá a coñecer a súa programación con motivo do Día das Letras Galegas, que como cada ano se celebra o 17 de maio. Un obradoiro infantil, un sorteo dun pack de seis libros de distintos estilos e para idades diferentes e un pasacalles a cargo do grupo tradicional Bico da Balouta compoñen a conmemoración desta data. As actividades foron presentadas hoxe polo alcalde do municipio, Luis Calvo, e o tenente de alcalde, Óscar Val.
O venres 14 de maio o Pendello Comedor acollerá ás 16:30 horas un obradoiro infantil que leva por título Chapas Xela Arias. Está dirixido a nenos de entre cinco e 12 anos. Para poder cumprir todas as medidas para frear a pandemia o aforo é limitado. Hai 20 prazas. Os interesados deberán anotarse previamente a través do teléfono 637 092 846. O prazo para inscribirse xa está aberto e rematará o día…