top of page

sáb, 17 ago

|

A Coruña

ARZÚA HONRA A MEMORIA DE JUAN MANUEL VIDAL

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
ARZÚA HONRA A MEMORIA DE JUAN MANUEL VIDAL
ARZÚA HONRA A MEMORIA DE JUAN MANUEL VIDAL

Horario e localización

17 ago 2024, 12:00 – 14:00

A Coruña, Santa María de Arzúa, 15819 Arzúa, A Coruña, España

Sobre o evento

O vindeiro sábado 17 de agosto, ás 12:00 horas, o Concello de Arzúa celebrará un acto solemnne de lembranza a Juan Manuel Vidal, antigo alcalde do municipio, que foi fusilado polo réxime franquista. Este pretende ser, ademais, "un acto de lembranza de todas as galegas e galegos que loitaron pola liberdade fronte ao fascismo" explicou o actual alcalde, Xoán Xesús Carril. O evento terá lugar na Praza de Galiza, fronte ao busto de Juan Manuel Vidal, "e celebrarase o vindeiro sábado 17 de agosto, data que desde hai anos se reivindica como Día da Galiza Mártir" explicou Carril.  Desde o Concello sinalan que será "unha xornada de memoria e reivindicación da liberdade e dos valores democráticos na que, ademais doutras intervencións,  haberá tamén unha pequena actuación de Xosé Luís Rivas "Mini", mestre e músico de longa traxectoria recoñecida e persoa comprometida coa recuperación da memoria histórica" explicaron. O Concello de Arzúa convida a toda a veciñanza a participar neste acto de homenaxe e a reflexionar sobre a importancia de manter viva a memoria democrática para que feitos así non volten acontecer e seguir a reclamar xustiza e reparación para as vítimas do franquismo.

Compartir este evento

bottom of page