ADEGA ENTREGA EN MELIDE OS PREMIOS OXÍSENO E DIOXINA 2023
sáb, 11 may
|Melide


Horario e localización
11 may 2024, 13:30 – 14:30
Melide, Melide, Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza destina os galardóns “osíxeno” aquelas persoas e entidades que ao longo do ano demostraron ter unha actitude ou comportamento destacados na defensa do medio ambiente galego, e pola contra, dirixe os premios “dioxina” a aquelas persoas e entidades que teñen amosado unha actitude agresiva e contraria á defensa do territorio e do seu patrimonio natural e cultural.
A Xunta Directiva de ADEGA outorga desta volta o , referente do activismo ecoloxista galego e un dos membros de ADEGA máis prezados e admirados polos seus compañeiros e compañeiras de loita e da organización, na que desenvolveu varios cargos, tanto na executiva nacional como secretario xeral ou secretario da delegación de ADEGA en Lugo. Foi un dos principais impulsores e dinamizadores das campañas e reivindicacións ecoloxistas vividas nomeadamente nos anos 90 e 2000, por exemplo, na defensa do Val do Neira (Baralla) contra a…