ACTUACIÓN SOLIDARIA EN MELIDE O 28
sáb, 28 mar
|CENTRO SOCIOCULTURAL MINGOS DE PITA


Horario e localización
28 mar 2026, 19:00 – 21:30
CENTRO SOCIOCULTURAL MINGOS DE PITA, Praza Universidades de Santiago de C.e de Lodz, 15800 Melide, A Coruña, España
Sobre o evento
O vindeiro sábado 28 ás 19:00 horas, Melide acollerá unha actuación solidaria a favor do proxecto Música para Salvar Vidas no Centro Sociocultural Mingos de Pita. O evento combinará danza contemporánea, teatro corporal e percusión nun espectáculo pensado para sensibilizar e colaborar cunha iniciativa educativa e social en Uganda.
Sobre o escenario participarán AF Ndanza e Ugandan Sticks, dous proxectos artísticos cunha forte carga expresiva e compromiso social. AF Ndanza presentará unha proposta baseada na transmisión de emocións a través do movemento e na reivindicación da igualdade, mentres que Ugandan Sticks achegará ritmo, enerxía e alegría cunha posta en escena dinámica e participativa.
A recadación destinarase ao proxecto Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que leva máis de dúas décadas acompañando a nenos e mozos en Uganda mediante a música, a educación e as artes como ferramentas de desenvolvemento persoal e social.
As entradas teñen un prezo de 12 euros (6 euros para…

