ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 EN SILLEDA
jue, 20 feb
|Silleda


Horario e localización
20 feb 2025, 10:46 – 22 feb 2025, 19:00
Silleda, Recinto Ferial, s/n, 36540 Silleda, Pontevedra, España
Sobre o evento
A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal se celebrará do 20 ao 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, contará cun completo programa de actividades dirixidas aos profesionais do sector agropecuario. As conferencias terán un papel destacado pola súa diversidade, actualidade e interese, convertendo ao certame nun atractivo foro de análise e coñecemento.
Así, acollerá o XXVII Monográfico de Gando Porcino, organizado pola ADS de Porcino de Silleda e cos restos comerciais e produtivos do sector como un dos seus temas principais; as Xornadas de Cunicultura de Cogal, que tratarán a cunicultura nun escenario cambiante e a xenética, e tamén a XVII Xornada Técnica para responsables de calidade de fábricas de pensos Galis sobre nova regulación de envases e aspectos prácticos do Regulamento 2024/1229, de Galis Alimentos Seguros.
A distribución sostible de xurro será outro dos temas das xornadas da…