

Horario e localización
28 jul 2024, 17:00 – 21:00
Arzúa, Arzúa, La Coruña, España
Sobre o evento
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa dá a coñecer o programa de actividades para unha nova edición de Arzúa Viva, incluída na programación cultural de verán. A Carballeira de Santa María, ubicada detras do Pavillón polideportivo de O Cruceiro, acollerá este domingo, 28 de xullo, a 17ª edición con actividades de lecer e actuacións para público infantil e para a mocidade.
De 17:00 a 21:00 horas haberá instalados diversos inchables, un posto con diferentes obradoiros, contarase coa actividade de tiro con arco e tamén cunha área con xogos para toda a familia que inclúe xogos tradicionais e xogos reunidos con taboleiros e fichas de grandes dimensións.
Ademais, a partir das seis da tarde terá lugar o espectáculo O show de Fifo, un pallaso que non sabe se vive nun soño e coa axuda dos nenos e nenas, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de números cómicos e de moitas risas, se vive nun mundo certo…