ecosdacomarca

25 de nov de 20211 min.

Unha persoa ferida tras ser atropelada en Melide

O suceso ocorreu este xoves na Ronda da Coruña

Ecos da Comarca/Melide

Emerxencias Sanitarias contactaron este xoves co 112 Galicia para informar dun atropelo no casco urbano de Melide. Tal e como indicou o 112 a este medio, o suceso ocorreu ao redor das 11:50 horas na Ronda da Coruña.

Como consecuencia do golpe a vítima quedou ferida, aínda que en ningún momento estivo atrapada polo vehículo. O 112 Galicia tamén alertou a Policía Local e a Protección Civil de Melide e aos bombeiros de Arzúa.

Fonte de arquivo.

    7