ecosdacomarca

30 de nov de 20211 min.

Unha persoa ferida nunha colisión entre dous vehículos en Arzúa

O accidente provoca retencións na N-547

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta tarde produciuse un accidente na N-547 no municipio de Arzúa. Trátase dunha colisión entre dous vehículos, como informa o 112 Galicia, e é na saída desta localidade cara Santiago.

O 061 foi o que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) ás 18:53 horas. O 112 informou á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa.

Minutos despois o 061 informoulle ao 112 Galicia que había unha persoa ferida e que o suceso estaba provocando retencións nesta estrada.

Foto arquivo.

    8