ecosdacomarca

6 de feb de 20231 min.

Rouban un coche en Palas de Rei

Actualizado: 7 de feb de 2023

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Na madrugada do venres para o sábado produciuse un roubo dun vehículo en Palas de Rei. Como se apreza na imaxe dabaixo, é un SEAT León de cor vermella con matrícula 4845 CHD.

O coche roubado.

"Roubáronmo en San Pedro diante da casa e foi de madrugada", sinala o afectado que xa interpuxo denuncia o sábado pola mañá.

Prégase difusión para intentar dar co vehículo roubado.

IMPORTANTE: FOI LOCALIZADO O VEHÍCULO ESTE MARTES. A noticia no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/aparece-en-melide-o-coche-roubado-en-palas-de-rei

Cabe mencionar que o pasado 8 de decembro en ECOS DA COMARCA publicamos o intento de roubo tamén dun SEAT León no casco urbano de Melide. A noticia no enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/intentan-roubar-un-coche-na-localidade-de-melide

    5