ecosdacomarca

19 de oct de 20211 min.

O veciño de Touro José Fernández Rendo do Galaico Trail Run queda segundo noutra proba en Portugal

David García obtén bo resultado en Cangas de Onís e Manuel Conde, Patricia Varela, Camilo Framiñán e Andrea Saavedra triunfan nunha carreira en Pontevedra

Ecos da Comarca/Deza/Touro

Os corredores do GTR Galaico Trail Run continúan coleccionando éxitos. Esta fin de semana estiveron en Portugal, Cangas de Onís (Asturias) e Pontevedra.

En terras lusas competiu o veciño de Touro José Fernández Rendo que logrou un segundo posto en M50 no Afife Running Trail, que conta con 26 quilómetros e cunha participación moi amplia e de gran nivel como son as carreiras no país vecino.

E en Cangas de Onís David García Curros fixo unha magnífica participación na proba Ruta de la reconquista de 21 quilómetros de pura velocidade e realizouna nun excelente tempo de 1h 59' .

Xa de volta na comunidade galega, algúns dos corredores deste clube disputaron xa a notablemente coñecida media maratón de Pontevedra: o corredor Manuel Conde realizouna nun sensacional tempo de 1h 24' obtendo o posto 76 da xeral; seguido de Patricia Varela que o fai en 1h 31', quedando cuarta de féminas, seguida de Camilo Framiñán con 1h 33' e Andrea Saavedra que o consegue en 1h 57' deixando claro que os corredores de montaña son moi rápidos.

NOTICIA RELACIONADA:

    7