ecosdacomarca

12 de ene de 20221 min.

Melide suspende as escolas deportivas e culturais e os talleres de ximnasia e memoria pola pandemia

Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide decidiu suspender, como medida de prevención, as escolas deportivas e culturais municipais debido ao aumento significativo de casos de Covid-19. Ademais, tamén quedan cancelados os talleres de ximnasia e memoria das parroquias.

Cabe mencionar que Melide sitúase hoxe con 124 casos activos, sete máis que na xornada de onte.

Podedes obter toda a información do número de casos dos 17 concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e a Ulloa no seguinte enlace:

    4