ecosdacomarca

7 de feb de 20231 min.

Aparece en Melide o coche roubado en Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Da noite do venres para o sábado roubaron un coche en Palas de Rei, tal e como publicamos onte en Ecos da Comarca. O dono do vehículo informounos que foi localizado hoxe en Melide.

Foi un camioneiro o que deu a voz de alarma de que este SEAT León estaba aparcado na rúa Buenos Aires de Melide. "E segundo unha señora xa estaba alí dende o sábado pola mañá", sinala o dono do vehículo afectado.

As autoridades desprazáronse ao lugar e comprobaron que efectivamente era o coche substraído en Palas de Rei.

Os amigos do alleo desvalixaron o vehículo como se apreza neste vídeo que nos mandou o propietario do coche.

Este xa foi retirado do lugar esta tarde. Cabe mencionar que o pasado decembro intentaron roubar outro SEAT León na localidade melidense.

NOTICIAS RELACIONADAS:

    6