Laura Moure

14 de ene de 20222 min.

Alerta: fraude bancaria a través dunha mensaxe ao móbil que te invita a acceder a un enlace

Aquí solicítache datos persoais, algo que ningunha entidade che pedirá por esta vía

Laura Moure/Xeral

Temos que desconfiar sempre das mensaxes que recibimos a través do móbil na que nos invitan a pinchar nun enlace, e máis, cando se fan pasar por algunha identidade bancaria. Moito ollo! Hoxe ECOS DA COMARCA recibiu unha destas mensaxes e por iso considera que é oportuno volver recordar varias claves para evitar caer na man dos ciberdelicuentes.

A mensaxe que recibimos hoxe.

Nós recibimos unha mensaxe de parte de CAIXA. Isto foi o primeiro que nos chamou a atención por non ter aí ningunha cuenta e polo nome en si "CAIXA". Pero, precaución, porque por exemplo dende a web de CaixaBank alertan de que para que sexa menos sospeitoso, os cibercriminais son capaces de enganar ao dispositivo para que sitúe a mensaxe falsa a continuación das mensaxes lexítimas que a persoa recibiu previamente, neste caso, de CaixaBank, no mesmo fío da sms. Así que moito coidado!!!

Ao clicar aparece unha web falsa que imita á das entidades bancarias (na nosa mensaxe a de CaixaBank) solicitando a introdución de datos persoais coma o usuario, contraseña e teléfono. Se o usuario envía os datos solicitados, recibe unha chamada do ciberdelincuente facéndose pasar por un xestor de CaixaBank, tal e como informa esta entidade. Para facelo aínda máis complicado, o número falso que aparece en pantalla é moi similar ou mesmo igual que un lexítimo da entidade.

Cabe mencionar que hai tres días o Banco de España alertaba dunha fraude que suplanta a identidade de bancos a través de SMS e chamadas.

Como protexerse deste fraude?

  • Ningunha identidada bancaria nin ningún outro servizo lexítimo pedirache nunca os teus datos persoais, teléfono ou claves secretas de acceso. Non as compartas con ninguén.

  • Recoméndase non clicar directamente nas ligazóns dos SMS. É mellor acceder á información que se ofrece a través da propia app ou da páxina web do servizo.

    10