Laura Moure

2 de jun de 20231 min.

Aberto o prazo, ata o día 12, para inscribirse no campamento de verán do Concello de Santiso

Será desde o 3 de xullo ao 4 de agosto

Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso abriu onte, xoves, o prazo de inscrición para o campamento de verán. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Incluirá xogos, pisicina, manualidades, deporte, cociña, etc.

O horario do campamento será de mañá, de 10:30 a 13:30 horas e terá unha única quenda que será desde o 3 de xullo ao 4 de agosto (cinco semanas).

O prazo rematará o 12 de xuño e os interesados poden anotarse a través da sede electrónica e personalmente no rexistro do Concello.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://santiso.gal/wp-content/uploads/2023/05/inscricion-2023.pdf

https://santiso.gal/wp-content/uploads/2023/05/consentimento-datos-23.pdf

    3