Laura Moure

16 de nov de 20211 min.

A vaca Lola xa foi rescatada da beira do río Deza na parroquia cruceña de Bascuas

Laura Moure/Vila de Cruces

Despois de tantos esforzos xa lograron rescatar da beira do río Deza, na parroquia cruceña de Bascuas, á novilla que estaba alí sen poder saír dende o pasado venres.

Cabe mencionar que esta vaca xunto a outras dúas, asustadas probablemente por un animal, escaparon da finca onde estaban e con tan mala sorte que caeron ao río. Dúas das novillas foron rescatadas o sábado, pero con Lola as tarefas foron complicadas ao estar preñada de sete meses. Dende este luns varias pás excavadoras, e contando coa colaboración do Concello, conseguiron abrir camiño para que o animal, que xa estaba falto de forzas, puidese saír por fin este martes.

Lola recibiu todo o cariño e atención dos seus donos e veciños e agora tócalle descansar no seu fogar para recuperarse o antes posible.

A vaca Lola. Autor: José Ramón Moire

NOTICIAS RELACIONADAS:


 

    12