top of page

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, será a pregoeira da LVI Feira do Cocido de Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Lalín

Yolanda Castaño. Autora: Andrea Costas


Yolanda Castaño será a pregoeira da LVI Feira do Cocido de Lalín, tal e como informa o propio Concello. Recibiu o Premio Nacional de Poesía 2023.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A poeta, filóloga, tradutora e activa e premiada xestora cultural con case trinta anos de traxectoria profesional, que ten traballado na televisión, conta no seu haber con numerosos recoñecementos, entre os máis recentes atópanse tamén o de Premio da Cultura Galega das Letras, o de "Galega do Ano 2023" e o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Conta coa súa propia Residencia para Escritores/as na Coruña e desde 2009 dirixe obradoiros de tradución poética, festivais e ciclos mensuais de poesía.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A súa obra apareceu representada en multitude de revistas, libros colectivos e antoloxías, así coma en numerosos encontros e festivais de máis de corenta países de Europa, América, África e Asia, téndose traducido en parte a máis de 30 idiomas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page