"A cuestión era acceder ao goberno, o de menos era que facer unha vez nel", apunta o PP cruceño tras a decisión de prorrogar o orzamento de 2019, elaborado polos populares
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
COMUNICADO PP DE VILA DE CRUCES
Saíndo ao paso das últimas declaracións efectuadas polo grupo de goberno de Xuntos
respecto da súa intención de non elaborar novos orzamentos para o presente ano 2021 e
manter prorrogado o do ano 2019, dende o grupo do PP de Vila de Cruces consideramos que esta decisión corrobora as sospeitas que xa fixeramos públicas a principios do mes de xuño, de que o grupo de goberno actuaba para a galería, convocando aos grupos da oposición para darnos conta das súas propostas para a elaboración dos orzamentos do presente ano, así coma do uso dos correspondentes remanentes de tesourería, e supostamente acadar os acordos e consensos necesarios, cousa que dende o noso grupo, inicialmente, aplaudiamos.
Máis queda claro que nunca foi esa a intención do equipo de goberno, pois nunca mudaron un ápice os plantexamentos que fixeron na primeira reunión, cando dende o noso
grupo se lle fixeron propostas que consideramos os melloraban, as cales xa se fixeron públicas despois da última reunión:
Que os fondos dos remanentes que se nos propoñía a destinar a infraestruturas (250.000 euros a propoñer o equipo de goberno e 200.000, para proxectos que propoñan os grupos da oposición, diferenciando as cantidades por grupo político, segundo número de concelleiros) debían formar parte dun mesmo paquete, consensuando entre equipo de goberno e grupos da oposición a totalidade das infraestruturas a proxectar e executar.
Indicabamos a nosa consideración de que non procede diferenciar os proxectos e inversións en función do grupo político ou concelleiro que o propón, senón en base aos criterios de maior necesidade que entre todos deberíamos consensuar.
A DÍA DE HOXE NADA SABEMOS AO RESPECTO DAS INVERSIÓNS QUE O EQUIPO DE GOBERNO PROPÓN EN INFRAESTRUTURAS.
En canto aos 100.000 euros do remanente a adicar a turismo, cultura, deporte, festas, etc, considerabamos que non había elementos de xuízo suficientes para evaluar a oportunidade da referida cantidade si antes non se coñecía unha proposta de programación de actividades ou actuacións a efectuar en cada un destes ámbitos, polo que considerabamos convinte facer primeiro unha proposta de programación detallada das actividades e actuacións a efectuar, sendo conscientes de que na situación de pandemia que estamos a vivir pode ter que ser modificada ou non executarse da maneira prevista ou incluso suspendidas en gran parte.
Condicionabamos o noso apoio neste apartado non a cantidade proposta senón ao coñecemento das liñas fundamentais das actuacións en que se empleen en cada ámbito. A DÍA DE HOXE NON RECIBIMOS NINGUNHA PROPOSTA AO RESPECTO.
En canto aos 150.000 euros que se nos propoñía destinar para axudas directas a hostelería, comercio e autónomos manifestamos que estabamos de acordo en habilitalos para o seu uso canto antes, e incluso incrementar a cantidade se procedía. Neste caso propuxemos que para o caso de que por calquera motivo se demorasen os posibles acordos para a aprobación do orzamento ou uso de Vila de Cruces do resto dos fondos do remanente, se efectúe o antes posible a correspondente modificación de crédito para poder poñelos a disposición de hosteleiros e comerciantes. A DÍA DE HOXE NADA SE FIXO, NIN SE PROPUXO AO RESPECTO, e seguimos urxindo a súa posta en marcha.
Tampouco se fixo modificación de crédito que permita aumentar as subvencións para funcionamento a entidades culturais, deportivas e outros colectivos para que estas entidades poidan acometer con garantías os gastos de funcionamento e o desenvolvemento da actividade correspondente, tal e como tamén se propuxo nas reunións mantidas.
En definitiva, a realidade dos feitos é que o equipo de goberno de Vila de Cruces nada
fixo por consensuar cos grupos da oposición, ou polo menos co que nós representamos, o destino dos recursos municipais. E tacha á oposición de destrutiva cando o certo é que NON SE PODE DESTRUÍR O QUE NUNCA FOI CONSTRUÍDO, e este goberno non foi capaz de construír nada novo nestes dous anos que leva no goberno, e aos feitos nos remitimos, cando agora propoñen prorrogar de novo os orzamentos que foron elaborados estando o noso grupo no goberno no ano 2019, que finalmente van servir para rexir os destinos do concello polo menos tres dos catros anos desta lexislatura (tan malos non deberían ser).
Cada vez máis podemos observar que Xuntos chegou ao goberno sen ningún tipo de proxecto ou plan para favorecer o desenvolvemento deste Concello, distinto da improvisación, e para elo foron cómplices necesarios, tamén hai que recordalo, os outros dous grupos da oposición. A cuestión era acceder ao goberno, o de menos era que facer unha vez nel.
Ademais, para xustificar a falta de capacidade para acadar consensos, se dedican a
lanzar retos ao resto dos concelleiros da corporación, supoñemos que para condicionar
o sentido do seu voto, argumentando que o voto en contra da SÚA UNICA VERDADE
vai contra os intereses de Vila de Cruces.
Aconsellámoslle que cambien o lanzamento de retos polo lanzamento de propostas adecuadas, serias, razoables e concretas para Vila de Cruces. Esa será a única maneira de que obteñan o voto favorable da nosa formación; namentres esperemos fagan alomenos a xestión adecuada para que nos bancos lles paguen intereses polos cartos depositados en vez de cobrarlles por gardalos. Como para o resto das cousas, é cuestión de xestión.
O consistorio de Vila de Cruces.
Autor: Ecos da Comarca.
תגובות